Calendario
Anotacións recentes
- A movida viguesa 30 anos despois. Artigo de Marta Veiga en El Progreso (11-V-2012)
- «A Trincheira» no Festival Sinsal X
- Artigo de Miguel Carreira no seu blog (8-IV-2012)
- Recensión de Iago Martínez en Rock de Lux, nº 305, abril de 2012
- Trenvigo, abreconcertos de Dr. Feelgood
Arquivos
Categorías
- A Trincheira (5)
- Audiovisual (1)
- Cómic (5)
- De re varia (7)
- Eventos (14)
- Fotografía (3)
- Moda (1)
- Música (19)
- O libro nos medios (36)
- O Vigo dos '80 na memoria (3)
- Personaxes (3)
- Plástica (2)
- Prensa alternativa (3)
- Retratos de Vigo nos '80 (7)
Páxinas
Nube de etiquetas
aerolíneas_federales
alberto_torrado
antón_reixa
antonio_amblés
a_trincheira
bromea_o_qué_?
casa_del_libro
castrelos
cine_salesianos
edicións_xerais
el_acto
el_manco
emilio_alonso
faro_de_vigo
fernando_franco
germán_coppini
golpes_bajos
julián_hernández
kremlin
la_iguana_club
los_cafres
madrid_se_escribe_con_v_de_vigo
marià_arbonés
miguel_costas
moncho_e_mailos_sapoconchos
movida
movida_viguesa
nicolás_pastoriza
os_resentidos
pablo_novoa
pedro_sardiña
pilar_comesaña
radio_océano
ruralex
scalextric
semen_up
silvino_díaz
siniestro_total
teo_cardalda
tintimán
víctor_de_las_heras
vigo
vigo_a_80_revolucións_por_minuto
vigo_a_explosión_dos_80
xulio_gómez
Para entrar e saír
Contador de visitas
Lista de ligazóns (blogroll)
- Aerolíneas Federales
- Brétemas, o blog de Manuel Bragado
- C'mmons baby!, podcast musicais e máis
- Campainha Eléctrica, blog portugués
- Dot Magazine, revista de tendencias
- Edicións Xerais
- Fanzine León, revista musical
- La Fonoteca, enciclopedia musical
- La Iguana Club
- La Inercia, revista paramusical
- LH Magazine, revista musical
- Luis Mª Cortegoso Lobato, xornalista
- Maketón Estrella Galicia
- Miguel Costas
- Mondosonoro, revista musical
- Nicolás Pastoriza
- Nueva Ola 80, revista musical
- Pedro Sardiña, artista
- Sempre en Galiza, música galega dixitalizada
- Siniestro Total
- Sinsal Audio, axitación musical
- Voces en la Jungla, rarezas dos '80
Periféricos é o título dun documental de 2006 sobre a movida viguesa do que se ten falado moito pero que, debido á súa escasa difusión, non é coñecido por demasiadas persoas. Os seus autores califícano como «el mejor documental sobre los 80 en Vigo». Unha calificación moi discutible, sobre todo porque, ata aquel momento e que eu saiba, sobre a movida viguesa non se fixera ningún documental, aínda que si algunha reportaxe.
Posteriormente fíxose outro, moi polémico e, na miña opinión, moi malo, no espazo televisivo A caixa negra, realizado por Filmanova, produtora de Antón Reixa. Filmanova é responsable tamén de Galicia Caníbal, outro documental que emitiu a canle cultural de TVE e que, segundo parece, vai a emitir TVE-2.
Non me gusta moito a min o documental Periféricos por varias razóns. En primeiro lugar, penso que calquera que non teña algunha información previa sobre o que foi a movida, coa información que se da nel non lle vai quedar claro o queaconteceu naquel tempo. En segundo lugar, pola importancia, os minutos que se lle dan no traballo a aquela trapallada que foi Madrid se escribe con V de Vigo, acto que os autore consideran o remate da movida, cousa coa que estou totalmente en desacordo, tal e como expreso no libro.
E en terceiro lugar, porque o documental -e isto paréceme non mal senón grave- dedícalle tamén unha chea de tempo a falar de alcool, drogas e sexo. Pura morbosidade, amarelismo indecente se temos en conta tamén que ese argumento é o gran protagonista do trailer do documental.
No libro eu non falo disto en ningún momento. ¿O motivo? Porque, tal e como teño manifestado en todas as entrevistas que se me fixeron, só as fins de semana os da movida gozaban co alcool, coas drogas e co sexo. De luns a venres a xente estudaba e traballaba. ¿Que en Vigo houbo máis alcool, drogas e sexo ca noutros lugares? Si, por suposto: Vigo é a cidade máis grande de Galicia e, por riba, naquel tempo acollía milleiros de visitantes dispostos a realizar «turismo de movida». Pero, daquela, sexo, drogas e alcool era habitual as fins de semana e todas partes: en Allariz, Madrid, Alpedrete e Morata de Tajuña.
Neste Periféricos pódense ver a personaxes como Germán Coppini, Teo Cardalda, Pablo Novoa, Luís García, Nicolás Pastoriza, Luís Santamarina, Coral Alonso, Antón Reixa, Manolo Romón, Antón Patiño, Menchu Lamas, o alcalde Manoel Soto, Bibiano Morón, Cosme Schwarz, Javier Abreu, Alberto Comesaña, Pedro Sardiña, Diego Manrique, Víctor Coyote, Joaquín Rodríguez (Los Nikis), Gonzalo López Campos, Jero Calero e Antonio Durán «Morris».
En todo caso, e desexando que a miña opinión non inflúa nas conclusións que cada quen poda sacar, aquí queda a ligazón na que se pode ver ese documental. E que cada quen o xulgue, se lle apetece.
http://www.perifericos.org/PROGRAMAS/Documental.htm
Posted in: Audiovisual -
3 Comentarios »
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL
[...] 16, 2012 Vigo a 80 revolucións por minuto » O documental «Periféricos» sobre a movida viguesa 2006. Me gusta:Me gustaSé el primero en decir que te gusta esta post. Publicado en Uncategorized | [...]
Pingback by Vigo a 80 revolucións por minuto » O documental «Periféricos» sobre a movida viguesa 2006 « Miguelcostas's Blog — 16 Xaneiro 2012 @ 7:47 p.m.
Estou dacordo moi aproximadamente ca túa opinión acerca do documental de periféricos. E, postos a meter brasa, e tendo en conta a adhesión á periferia implícita en todo o asunto de licitar a cultura viguesa por medio da aprobación da madrileña (algo moi vigués, creo, e non sei porqué), eu reivindicaría a outros periféricos: os da periferia da urbe viguesa, os do monte, por así decilo. E tampouco quero reivindicar unha imaxe de elementos rurais toscos, senon, hai que recoñecelo, de habitantes das zonas residenciais dos benestantes de Vigo, Madrid e Ourense: o Val Miñor. Un feito cultural indicutible foi a trascendencia do primeiro instituto de ensino medio que se lle ofreceu ós habitantes do val (Nigrán, Baiona, Gondomar, Tomiño, O Rosal, A Guardia, Tui…) acostumados a engrosar até aquel entón as filas de Santa Irene, Coia, etc.
Alguns dos alumnos vigueses con segunda residencia no Miñor, e alguns dos que tiñan ós pais fartos de repetir cursos, recalaron no Instituto de Nigrán. Alguns deles tiveron, o recoñezan ou non, unha experiencia vital semellante a sair de Nova Iork pra pasar unhas cantas horas do día nalgo mais semellante á costa este. Germán Coppini foi un deles (e certos membros doutros grupos como Bromea o qué?, Os buzos, Moncho+Sapoconchos, etc.). En certo modo, a zona de Saians e Coruxo, pertenzas municipais aparte, entra na zona que uns colegas meus denominaban «Portulisia». Foi no Instituto de Nigrán (os seus primeiros anos de vida supondrían o relato de acontecementos propios de narrativa de Torrente Ballester) onde Coppini, na época de Coco y los del 1500, recalou e interactuou cunha serie de persoaxes cos que tamén tiven contacto e que supuxeron, penso, unha mutua influencia poderosa naquel momento. De feito, e eu son testigo directo, no medio da lúdica creación dun grupo poético pseudodadá, xurdiron escritos e poemas absurdos (lémbrome dun moi cachondo reiterando a mandarina da china) e grupos musicais cáseque ficticios (Chinasky y la máquina), ou ensaios de pezas teatrais de Tennessee Williams (unha delas, que evidentemente non chegamos a representar, publicouse en forma de cómic no Tintimán). Sei que é demasiado recurrente e oportunista esta pequena reivindicación histórica, como se a fixera de broma (e o fago de broma, aínda que sexa estrictamente certo o que relato), pero, pese o anecdótico que poida parecer, o certo é que un daqueles poemas posmodernos, escrito polo meu amigo de Gondomar Rafa Domínguez, gustoulle tanto a Germán (e a todos nos) que Rafa regaloulle unha copia pra que fixera algo con el (falo dos comenzos de Siniestro Total, e no concerto dos Salesianos estabamos os catro ou cinco compinches do Miñor).
O ano seguinte pasei pola Facultade de Filoloxía do CUVI, e coincidín con moitos dos músicos e persoaxes da movida viguesa emerxente. Fun dos primeiros en ter unha maqueta de Siniestro gracias a Germán, antes da súa explosión nacional, e pasoume o mesmo con Golpes Bajos de mans de Teo Cardalda, pero a miña primeira sorpresa foi cando, antes de escoitala, vin no Faro un fragmento dunha canción de Coppini que ilustraba o espíritu do grupo (e mais adiante cáseque da Movida dos 80s) e díxenlle a Teo que aquelo era un anaco do poema de Rafa. De feito «Malos tiempos para la lírica» é un fragmento do poema completo de Rafa Domínguez, e, ainda que pareza esencialmente coppiniana, é froito do talento de Rafa e marca a línea dos poetas e literatos que Rafa, Germán e outros colegas admirábamos mais ou menos naquel tempo (Boris Vian, Brecht ou calquera considerado moderno na súa propia época).
En canto ó tema dos artistas plásticos, o meu querido Sardiña foi o Cessepe vigués (eu naquel momento despreciaba o traballo de ambolosdous, especialmente o de Pedro), pero artistas como Geno ou, sobre todo, Fausto, a traveso de fanzines como o Valiundiez tiñan o seu qué. Eu fixen mais de un debuxo ou ilustración (que hoxe calificaríase como concept-art) para Germán, no seu momento, ou para Teo despois, e para algun que outro grupo (algunhas cousas creo que as conserva Moncho-Manco, según descubrrín con Germán xa fai anos). Mesmo Germán era un debuxante interesante (chegamos a facer algunha cousa xuntos para algún concurso) e Víctor Coyote, outro habitante de Portulisia, tamén deixou mostras do seu talento plástico nas súas obras musicais. Eu fixen a portada do disco póstumo de Bromeaoqué? (pasto de tiburones, o orixinal da cual atopouno nun mercadillo Javi Lado «Embora», baixista do grupo fai non moito). No CUVI tiven moita amistade con Ernesto Coppini e con Bernárdez (daquela «Vacuna Antibritánica»). Con este último fixen plans pra deixar filoloxía e ir á aventura artística en Madrid. Non acabou de sair o tema como planexábamos, pero o certo é que os dous deixamos (en terceiro en con bó expediente!) o CUVI cáseque simultáneamente. O certo é que él sí que aterrou na capital, e eu fun a parar a Tenerife a facer Belas Artes, pero o terminar o primeiro ciclo e vir á Barcelon, o primeiro que fixen foi recalar en Madrid pra facer a portada e a campaña gráfica do primeiro lp dos Refrescos de Bernárdez (vaya, vaya, aquí no hay…) que é históricamente o epitafio da relación cultural e musical Vigo-Madrid.
Por certo, non tiven que facer a mili gracias á prórroga de estudios que requería ter unha asignatura aprovada. Eu renunciara a facer os exámenes de 3º, pero contaba ca garantía de que, aprovara ou non o examen, a Literatura Española a tiña asegurada polo meu profesor daquela, comprensivo ca miña situación. Coa tranquilidade do seu apoio, presenteime ó examen e saquei un sobresaliente. O profesor era Jesús Alonso Montero.
Comentario by Manoel "Mafa" Alborés — 24 Xaneiro 2012 @ 6:18 p.m.
Ola Mafa:
Moitas grazas polo teu amplo comentario-relato. Sempre está ben ir coñecendo máis polo miudo as entreteas daqueles anos 80 vigueses… ou da bisbarra. De feito, unha das miñas intencións ó abrir este blog era, ademais de ir metendo o abundante material que me sobrou (e o que agora me está chegando) «picar» ós que viviron aquel tempo para que conten a súa «versión dos feitos» e así ter unha idea clara do que aquelo foi.
Apertas
Comentario by Emilio Alonso Pimentel — 24 Xaneiro 2012 @ 6:36 p.m.