Calendario

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Anotacións recentes

Arquivos

Categorías

Páxinas

Nube de etiquetas

Para entrar e saír

Contador de visitas

Lista de ligazóns (blogroll)

Aproveito o anuncio da presenza en España do mítico grupo Dr. Feelgood para lembrar a que creo que foi a súa única actuación en Vigo. O cantante Lee Brilleux estivo acompañado polo guitarrista John “Gypie” Mayo, o baixista John B. “Sparko” Sparks e “The Big Figure” John Martin na batería. O xenial guitarrista Wilco Johnson, fundador da banda, abandonara a formación en 1977 para iniciar carreira en solitario, unha carreira que o traería tamén a Vigo, á discoteca La Kama, aló polo ano 1987.

A actuación de Dr. Feelgood en Vigo celebrouse o 24 de xullo de 1982 no pavillón das Travesas e os seus abreconcertos foron os vigueses Trenvigo, a banda creada por Bibiano Morón e na que militaban os ex-Druidas Teo Cardalda, Pablo Novoa e Javier Martínez. Debeu ser esta unha das últimas actuacións dos viguese e probablemente, unha das que máis público tivo… non por eles, todo hai que dicilo, senón pola presencia de Dr. Feelgood.

Despois da desaparición de Trenvigo, Teo Cardalda formaría Golpes Bajos xunto a Germán Coppini, grupo ó que se incorporaría Pablo Novoa, e Javier Martínez deu vida a Bar xunto a Geles Feijóo, Silvino Díaz e Javier Mera. Pola súa banda, Bibiano Morón deixaría a súa carreira musical para dedicarse á produción de concertos e espectáculos, actividade que continúa na actualidade.

Non é doado atopar algunha gravación en maqueta de Trenvigo. Bibiano Morón non conserva ningunha e Pablo Novoa prometeume buscar unha cassette que pensa que ten por algures. Entrementres, aquí vos deixo o tema “O rei dos flippers” que conseguín a través de Josep García, responsable de Voces en la Jungla, un interesante blog dedicado a rarezas dos ’80  ó que podedes acceder no blogroll.

 

 TRENVIGO: O as dos flippers

 

Acompaña a esta anotación o típico “Saluda” oficial remitido polo daquela concelleiro de Cultura vigués e “Presidente de la Comisión Especial de Fiestas”, Francisco Santomé, para remitir invitacións do concerto. E tamén unha foto do grupo cuns novísimos Javier Martínez,  Pablo Novoa, Teo Cardalda e, xa non tan novo, Bibiano Morón( 2º pola esq.). É unha instantánea tomada en madrid, na festa do PCE, probablemente en 1980.

 

 

 

 

 

 

Comentarios desactivados en Trenvigo, abreconcertos de Dr. Feelgood

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS para comentarios deste artigo.

O formulario do comentario está pechado neste momento.