Calendario

Xullo 2014
L M M X V S D
« Dec    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Anotacións recentes

Arquivos

Categorías

Páxinas

Nube de etiquetas

Para entrar e saír

Contador de visitas

Lista de ligazóns (blogroll)

 

 

ETNO, Nº 4, Verano 2012

 

LIBROS

Vigo a 80 revolucións por minuto

Héctor Fouce*

Empezar una reseña sobre libros de música popular con la queja de que hay poca producción es casi un clásico. Pero un clásico en vías de extinción. Cada vez más, académicos, periodistas o curiosos bien informados escriben sobre lo que ellos conocen bien y la sociedad en general no tanto. Hay un campo literario en ebullición.

Llama especialmente la atención cómo en los últimos años la producción de libros sobre la movida madrileña ha sido constante. Hasta la Comunidad de Madrid se lanzó a organizar los fastos del aniversario del movimiento, produciendo un enorme catálogo bien difícil de leer pero hermoso. Era tiempo de que se empezase a saber sobre las otras movidas, y de entre ellas sin duda destacó la de Vigo. Emilio Alonso, que estuvo en primera línea desde su programa de radio A Trincheira lo cuenta, en gallego, en su libro. Si alguien duda del interés general del libro, merece la pena que sepa que lleva cinco meses entre los más vendidos en gallego, tres de esos meses en el número uno.

Que una ciudad como Vigo haya tenido no sólo la producción cultural sino la repercusión nacional que esta alcanzó es poco menos que un milagro. La Españade los ochenta seguía siendo terriblemente centralista por muchos estatutos de autonomía que se hubiesen aprobado. Las radios, las teles, los periódicos, estaban instalados en Madrid y los periodistas informaban sobre lo que pasaba a su alrededor. Pero en una mediana ciudad de provincias, acuciada por la crisis industrial, surgieron nombres que están en el panteón de la música popular española como Siniestro Total, Os Resentidos, Semen Up o Aerolíneas Federales. Y lograron ser escuchados en toda España (y parte de Portugal).

El libro de Emilio Alonso huye de heroicidades. Apela, más bien, a las casualidades. Explica la movida de Vigo como una reacción a un contexto. Por una parte, una huida hacia delante de ciertos jóvenes de una ciudad atrapada entre la grisura del postfranquismo y la negrura de las perspectivas en la reconversión naval e industrial. Por otro, los nuevos espacios de expresión de surgen para los renegados: el bar Satchmo, los festivales de Castrelos, el suplemento de diario local Pharo The BeGo o el programa de radio A Trincheira. En esos espacios, el grupúsculo de jóvenes decididos a no estarse quietos encontró un punto de unión y de intercambio y empezaron a pasar cosas. El libro de Alonso va repasando cada uno de esos lugares y eventos, tomando como punto inicial el concierto de debut de Siniestro Total en los Salesianos.  Recupera textos de la época, los combina con entrevistas actuales, aporta documentos originales. Todo en ello en una narración fluida, implicada con su objeto pero sin los excesos emocionales que tan habitua suelen ser en estos textos memorialisticos. Aquí no hay hagiografías, pero tampoco ajustes de cuentas.

Sin duda alguna, este libro viene a cubrir un hueco en el conocimiento de la música popular española. Aporta las claves para entender el milagro de Vigo y sirve de muy interesante contrapunto a los textos sobre la movida madrileña. Es, además, una excelente guía para recuperar grupos que aún hoy suenan descacharrantes, irreverentes, enérgicos. No defiende que cualquier tiempo pasado fue mejor, pero obliga al lector a preguntarse si hemos ido a mejor. ¿Alguien se imagina ahora a unos nuevos Siniestro Total sonando en la radio del coche o en la televisión con los acordes de Me pica un huevo?

 

* O musicólogo Héctor Fouce dirixe a revista ETNO,  que edita SIBE Sociedad de Etnomusicología

 

Comentarios desactivados

                                                      

A Trincheira volveu resucitar, outra vez por invitación do colectivo Sinsal. Xa ocorrera o mesmo en marzo de 2011, no museo vigués Verbum e, o pasado 14 de abril, naquela importante experiencia que foi o Club Sinsal, desenvolvido no MARCO. Desta vez o meu vello programa radiofónico emitiu en streaming desde a illa de San Simón, na que se celebrou outra máis das propostas do Sinsal X.

 Nesta ocasión Radio Sinsal contou con dous programas: A Trincheira e Disimulen, realizado polo xornalista Iago Martínez, que bautizou a súa primeira “gran” experiencia radiofónica co nome do seu blog e dunha sección musical que fai en El País. Repartimos artistas, procuramos outros convidados, turnámonos no traballo e penso que os oíntes souberon de todo o que aconteceu na illa o 24 e o 25 de xullo.

 Por aquel estudio radiofónico coiuntural pasaron a falar todos os músicos do festival ademais de personaxes que estaban por alí por obriga profesional, por pracer ou, na maioría dos casos, polas dúas cousas. E así Disimulen acolleu, entre outros,ó xornalista Xavier Valiño, o director da Fundación Illa de San Simón Xavier Alonso e Manuel Suárez, presidente de Desconcierto Cultural, e a Toni Fernández, responsable da Normal da Coruña; e A Trincheira recibiu, tamén entre outros, ós irmáns Iván e Amaro Ferreiro, á escritora  Iolanda Zúñiga, ós responsables da revista Dot e a algunha das deseñadoras que se achegaron ó festival a amosaren as súas propostas (Marujita Alegre, Más que cestos, Pirusca, Juanaiyo…).

Na realización de Radio Sinsal participaron tamén Pedro Telmo, responsable da enxeñería electrónica e da emisión en streaming; Galis (Adrián Ortiz), DJ oficial e comentarista ben informado; Iria Pinheiro e Mónica Ovaia nos labores de produción; e os tradutores Laura Saez e Pablo Varela. O estudio, pese a ser improvisado, non puido ser mellor: o salón da residencia Stella Maris, na que se aloxaban os músicos do festival.

 Cómpre destacar o excelente traballo realizado polos organizadores e por toda a xente -máis de 100 persoas- que mobilizaron para unha boa singradura do Festival, sen dúbida, dos mellores desta tempada, cada vez acadando máis prestixio e afianzando a “marca” Sinsal. De non ser así, ¿quen pagaría 30€ por asistir a un festival do que non se sabe o nome dos participantes?. Fixérono case mil persoas.

Penso que ninguén saiu decepcionado de Sinsal San Simón desde o momento no que chegaba á illa. A recepción corría a cargo do trío belga Hoquets, contaxiosos cos seus ritmos feitos con instrumentos construídos por eles. No peirao se desvelaba tamén o segredo do cartel, explicado nun programa de man e impreso no vaso ecolóxico que todos levabamos sempre con nós.

Os organizadores deseñaron os concertos para que, poderíamos dicir, cada música soase no seu momento do día. Enerxía para as primeiras horas e camiño do final; intimismo para o xantar e as primeiras horas da tarde. Deste xeito, nos catro escenarios dispostos para o festival, actuaron os citados Hoquets, L’Enfance Rouge, Christian Kjellvander, Aries, Al-Madar, Alela Diane, Maïa Vidal, Nite Jewel, Unicornibot, Alt-J e Shangaan Electro. O segundo día tamén se poido gozar da sesión dj de Simon Russell un dos creadores do selo discográfico británico Rough Trade e notable difusor do Festival Sinsal San Simón. Podedes escoitar a música dalgúns dos artistas participantes nesta cita nas ligazóns de máis abaixo.

 A oferta deste Sinsal San Simón foi dirixida a gustos moi distintos, aínda que os artistas tiñan un vencello común: a calidade. Por outra parte, nada de extrañar, porque esa é a marca de identidade de Sinsal durante a súa década de existencia.

 Sen que me desagradase ningunha (¡nin moito menos!) das propostas musicais, nestas situacións sempre lle quedan a un gravados determinados momentos e sons. E no meu caso quedei abraiado con Unicornibot, sorprendido por Alt-J e alucinado con Shangaan Electro, aínda que isto último penso que lle pasou a todos os asistentes. Mención aparte merece Maïa Vidal, coa súa música inocente e esa imaxe a medias entre unha ninfa do bosque, a cariátide dun templo vestal e Audrey Hepburn.

Outro dos atractivos que para min tivo tamén este festival foi a ausencia de estridencias e de sobresaltos, características habituais en eventos deste tipo. O bo criterio seguido para a instalación dos  imprescindibles servicios de hostalería tivo moito que ver neste aspecto. A plena colaboración da Fundación Illa de San Simón, que se encargou tamén da emisión radiofónica e televisiva en streaming, foi fundamental e tamén a eles se debe parte do éxito do festival.

En definitiva, que agardo xa con impaciencia a próxima proposta de Sinsal no seu Xº aniversario. E, por suposto, a vindeira edición da festa en San Simón.

 

 

   

  

  

  

   

  

  

  

  

  

 

AS  MÚSICAS DE SINSAL SAN SIMÓN

 

HOQUETS

L’ ENFANCE ROUGE

MAÏA VIDAL

NITE JEWEL

UNICORNIBOT

ALT-J

 

  

  

  

  

  

  

  

  

FOTOGRAFÍAS.- Son case todas miñas. As bonitas e ben feitas, de Iria Pinheiro. 

 

RADIO SINSAL

 

A Trincheira (24-VII-2012)

A Trincheira (25-VII-2012) (fragmento)

Disimulen (24-VII-2012)

Disimulen (25-VII-2012)

 

Supoño que andaban de xira por España que non ían pisar Galicia. O caso é que, en setembro de 1989, Xulio Gómez -factotum d’O Berce das neboíñas- e mais eu, tivemos a ousadía de emprazar a The Stone Roses para unha entrevista n’A Trincheira. Eles andaban por Valencia e ditámolos nos estudios de RNE naquela capital.

 

                                    The Stone Roses (20th Anniversary Special Edition)                            Second Coming

 Menos mal que tiñan no seu equipo a un tradutor porque, de non ser así, non sei que teríamos feito Xulio e mais eu co inglés-de-andar-por-casa que dominabamos á perfección. Pero eramos ousados e tiñamos moitísimo interese en falar con aquela banda de Manchester que pese a publicar só catro sinxelos entre 1985 e 1989  se converteron nun referente importante na segunda metade dos 80. En abril de 1989 The Stones Roses publicaron o primeiro LP, The Stones Roses; o segundo, Second Comming, tardaría cinco anos en ver a luz. En 1996, despois de varios cambios no grupo, desfixéronse e en novembro do pasado ano anunciaron a súa volta ós escenarios

                                     Ian, John, Mani and Reni strike a classic pose

O caso é que, 23 anos despois, recupero aquela entrevista grazas a Salva Ronko -alma mater do Maketón Estrella Galicia-. Eu nunca fun de gardar gravacións dos meus programas pero, afortunadamente, naqueles 80 houbo auténticos fans d’A Trincheira que se preocuparon de gravar algúns dos “momentos históricos” que naquel programa se produciron.

 A entrevista a The Stones Roses foi un daqueles “fitos” radiofónicos que se produciron n’A Trincheira e velaquí a tendes por se queredes facer memoria.

 

Entrevista a THE STONE ROSES Edit

 

 

 

O Ateneo de Ribeira, centro de axitación cultural da comarca do Barbanza, invitoume a falar de Vigo a 80 revolucións por minuto o 18 de maio, xusto na ponte das Letras Galegas.

Só podo estar agradecido a esta asociación pola invitación, polo trato recibido e pola campaña de difusión do acto, da que é mostra o espectacular cartel anunciador.

E tamén un agradecemento moi especial a Xavier Crugeiras, un vello seguidor d’A Trincheira que foi o principal responsable de que se organizase este acto. Xavier encargouse tamén de elaborar un power-point con imaxes que me serviron para ir ilustrando cada apartado da presentación.

E, por suposto, graciñas ós asistentes á charla que aguantaron estoicamente a miña longa intervención e o posterior coloquio. Supoño que non quedaron descontentos se temos en conta tamén que follearon con interese os fanzines e revistas daquela época que levei para que poidesen “tocar” a movida.

 

FOTOS.- De arriba a abaixo, con Javier Ferreirós (esqda.) que exerceu de presentador, e Xavier Crugeiras (dta.), anfitrión principal; debaixo, parte do material que ilustrou a charla; abaixo, cun grupo de asistentes que sosteñen unha parte do cómic orixinal de Bernar sobre a movida viguesa.

Comentarios desactivados

Foi para min unha gran satisfacción que a xente de Sinsal me convidase a participar activamente no Club Sinsal, o evento que abriu a décima edición do Festival Sinsal. Eu, que daba por morto e esquecido o meu programa de radio A Trincheira, resulta que agora me sinto como un vampiro, como un ser que non pode morrer. Xa o pasado ano, concretamente o 12 de marzo, A Trincheira volveu no marco da exposición Música en branco: memoria dunha cidade, organizada no Verbum tamén polo colectivo Sinsal. E o pasado 14 de abril, o programa foi algo así como o “medio de comunicación oficial” dese gran encontro multidisciplinar.

Durante catro horas, e mentres se desenvolvían as actividades deseñadas para os distintos espazos dese Club Sinsal, tiven o pracer de reencontarme co micrófono para dar conta do que estaba a acontecer no museo MARCO. Por suposto que era imposible falar con toda a xente que participou activamente no evento, pero polo estudio d’A Trincheira instalado na cafetería -convertida así nun espazo máis de actividades- pasou unha chea de xente.

Debo confesar que tiven que documentarme o máis a fondo posible para realizar todas aquelas entrevistas por descoñecer, case en absoluto, o traballo de moitos dos convidados. Non foi un traballo na desagradable porque, así, ampliei os meus coñecementos. O saber non ocupa lugar, disque din.

Con ese traballo de documentación quería tamén, no posible, non caer nos tópicos e na repetición de preguntas nas conversas.  Creo que, máis ou menos, o conseguín e que non fixen un mal papel como locutor. Certo é que o de facer radio e como o de andar en bicicleta, non se esquece, pero sempre hai algo de óxido.

Debo confesar tamén que  o traballo de documentación foi o único esforzo que tiven que facer para preparar esta edición especial d’A Trincheira, xa que os organizadores prepararon a listaxe de entrevistados e o horario de entrevistas. Iso si, tomeime a liberdade de “impoñer” como entrevistadas a Mª Xosé Queizán e a Rexina Vega. A primeira, porque teño o pracer de coñecela e tratala desde mediados dos anos 60, cando eu era un cativo de 7 ou 8 anos; a segunda porque me interesaba coñecer e falar cunha persoa capaz de afirmar que “hai mentalidade postfranquista nos que controlan o gusto literario”. Nos podcast que se colgarán proximamente na web de Sinsal poderes escoitar todas as entrevistas que se fixeron e a música que se programou.

Non considero oportuno comentar aquí a impresión persoal que me causaron os diversos entrevistados -todas moi positivas, quede claro- pero si indicar a satisfacción que manifestaron por ter participado no Club Sinsal: satisfacción polo novidoso da experiencia, pola recepción do público e polo seu traballo.  Notei que eran opinións sinceras e non de compromiso, o que debe terse en conta á hora de avaliar os resultados do evento.

Cito, de seguido, quen foron as “vítimas” do meu “terceiro grao”: os músicos e grupos Ignorantes, Ucranian Bride, Orquesta Metamovida, Recojo Chatarra, Fantasmage, Montgolfier Brothers, Carlos Suárez, Phaedra, Colectivo Oruga e Draen; Mauro Sanín e Nacho Muñoz, que impartiron os obradoiros para nenos de músicas para peto e improvisación musical, respectivamente; as xa citadas escritoras Mª Xosé Queizán e Rexina Vega; Úcar, da revista Dot, publicación que se encargou do comisariado musical do Espazo Súper 8; e Ángel Rueda, director de cine e comisario do Espazo Súper 8. Foron, pois, dezaseis entrevistas coas que penso que se deu unha ampla visión deste Club Sinsal.

 Ás 10 de anoite remataron as actuacións nos distintos espazos -a dos Montgolfier Brothers no Salón Sinsal prolongouse un chisquiño máis- e deuse paso a un “acto de confraternización”: unha cea-buffete -excelente, por certo- na cafetería do MARCO na que participamos algúns dos protagonistas activos da xornada e xente do público que quixo comentar a súa visión do evento. Eu tiven o pracer de compartir mesa e mantel coas escritoras Iolanda Zúñiga e Rexina Vega; Lucía Riveiros, cantante lírica e fundadora do grupo Murmel; a profesora Paz Raña; Begoña Outeiro, tamén profesora e colaboradora no xornal dixital Praza Pública; e Hermes, compañeiro de Rexina e metido no mundo do ensino.

O único que tivo de malo o traballo d’A Trincheira e que non puiden visitar ningún dos espazos nin escoitar ningunha das actuacións. Resarcinme minimamente o domingo co marabilloso concerto de Blues Control & Laraaji & Arji: dúas improvisacións, unha de case 45 minutos moi relaxante, e outra duns 20 na que o público participou berrando.

 

 

 

 

 

Para esta nova edición puntual d’A Trincheira tiven a ousadía de pedirlle ó músico e produtor B.O.U.L.E. que, inspirándose na vella que fixera Alberto Torrado, elaborase unha sintonía máis acorde cos sons da segunda década do século XXI. O resultado paréceme marabilloso e quen queira escoitala tenna a súa disposición aquí:

Sintonía de B.O.U.L.E. para A TRINCHEIRA

Este experimento de levar A Trincheira a esta gran cita multidisciplinar foi para min unha fermosa e satisfactoria experiencia que, se non ocorre ningunha catástrofe, se repetirá o 24 e 25 de xullo no novo capítulo do Festival Sinsal X na Illa de San Simón, a onde fun convidado por Xulio Gómez, un dos ideólogos deste magnífico proxecto.

Finalmente, quero agradecer a colaboración de Javier Pereira e de Alexis Bournon, o primeiro encargado da parte técnica do programa e o segundo responsable de ir achegando ós entrevistados ata o espazo, ademais de exercer de tradutor na conversa coa norueguesa Iggy Lanngard (Phaedra). O meu agradecemento tamén ás autoras da fotos-móbil que inclúe esta anotación: a miña filla Irene e as xornalistas Nieves García Figueira e Teresa Cuíñas.

                                                                                                                

 

 

 

 

 

 

Nas fotos do espazo d’A Trincheira aparecen (de arriba a abaixo) Fantasmage, Ignorantes, Montgolfier Brothers, Mª Xosé Queizán e Mauro Sanín

No Faro de Vigo do 17 de outubro de 1982, na súa sección máis ou menos semanal “Discos”, Pilar Comesaña publicaba as bases do Primeiro Concurso de Maquetas convocado pola revista Rock Espezial, antecedente directo da actual Rock de Lux.

O certame estaba aberto a calquera grupo ou solista que non tivese contrato ou compromiso previo con algunha compañía discográfica. Cada participante debía mandar unha cinta, cun mínimo de dúas cancións e un máximo de catro, e un texto mecanografiado que incluíse “teorías, autodefiniciones, cotilleos, etc.”. O prazo para participar pechábase o 21 de decembro daquel ano e , despois, un xurado composto pola redacción de Rock Espezial e o departamento artístico de discos Hispavox elixiría ós dez finalistas do certame. Este seleccionados participarían nun concerto en Madrid no que se decidiría, por fin, quen era o gañador do premio: un contrato de gravación con Hispavox.

Entre os centos de maquetas que recibiu Rock Espezial estaba a dos vigueses Golpes Bajos, cando aquel grupo estaba composto unicamente por Germán Coppini e Teo Cardalda e, máis que un grupo, era unha idea, un proxecto que aínda non tiña claro que forma tanxible ía adquirir.

 Nada do que se anunciaba nas bases se cumpriu: non houbo preselección de candidatos para aquel posible concerto en Madrid do que sairía o gañador do certame e, polo tanto, ninguén firmou coa discográfica Hispavox. ¿O motivo? As redaccions de Rock Espezial -Madrid e Barcelona- tiveron moi claro que a maqueta de Golpes Bajos era o mellor que escoitaran e anos e que eles debían ser os gañadores do concurso.

Non sei como como acabaría a relación entre a revista e Hispavox tras esta decisión irrevocable e, como demostraría o tempo, moi atinada. Desde logo, á discográfica non lle debeu chistar nada que Golpes Bajos non asinasen contrato con eles e si o fixesen con Nuevos Medios. Ou, quizais, non lles importou, se temos en conta que ese tipo de compromiso é as veces arriscado: hai grupos que non teñen potencial ou ofrecen un “produto” de previsible caducidade. Tamén puido ser que Hispavox, con espectacular ollo clínico, non lle vise potencial a Golpes Bajos e considerase que a fichaxe por Nuevos Medios era unha liberación para eles. Non sei se foi así, é pura especulación, pero cousas semellantes teñen pasado: EDIGAL non renovou o contrato de Les Carayos, o segundo grupo de Manu Chao, por non verlles potencial

Despois destas disqusición, igual algo fóra de lugar, vou co asunto que da título a esta anotación: a primeira maqueta de Golpes Bajos. Sempre estiven namorado daquelas  gravación de Coppini e Cardalda. Desde a primeira audición, a través do Diario Pop de Radio 3, quedei absolutamente prendido con aquel grupo. A música soábame absolutamente nova e as letras, no sei por que, lembrábanme a Jim Morrison (“Riders on the storm / is a killer on the road…”).

 Nunca tiven no meu poder aquela maqueta, pero agora, 30 anos despois da súa gravación, chegan ás miñas mans tres das cancións daquela cinta. E todo grazas a Xabier Crugeiras, vello oínte do meu programa A Trincheira e agora amigo. Desde Ribeira, onde reside, envioume tres das cancións daquela maqueta que podedes escoitar nesta nota: “No mires a los ojos de la gente”, “La fiesta de los maniquíes” y “Colecciono moscas”. O son no ten a calidade que a todos nos gustaría pero hai que ter en conta que Xabier tivo que restaura unhas cintas de cassette gravadas da radio hai 30 anos e moi afectadas polo paso do tempo. En todo caso, para min, son un estupendo documento histórico.

Golpes Bajos – No mires a los ojos de la gente

Golpes Bajos – Fiesta de los maniquies

Golpes Bajos – Colecciono moscas

 

ILUSTRACIÓNS.- Acompaña a esta anotación a cabeceira de sección de “Discos” que Pilar Comesaña fixo no Faro de Vigo desde 1982, unha sección semanal cuxa aparición estaba condicionada por outros contidos de “maior interese”. Os dous retratos de Germán Coppini son obra de MAFA (Manuel Fernández Alborés), nome moi importante no mundo do cómic vigués da década dos 80. Envioumos desde Barcelona, cidade na que reside desde hai anos e foron pintados, case con seguridade, en 1982. De feito, mentres que no superior aparece o título de “Germán”, no inferior o nome é “Coco” o alcume de Coppini grupo Coco y los del 1.500, banda de breve existencia e que no 83  xa non existía.

FARODEVIGO

 

“O gran legado histórico da movida de Vigo foi

Siniestro Total”

Emilio Alonso – CRÍTICO MUSICAL – AUTOR DE “VIGO A 80 REVOLUCIÓNS POR MINUTO”

LOURDES VARELA

Testemuña directa e, pola súa condición de crítico musical, privilexiada da movida dos 80 en Vigo, Emilio Alonso Pimentel probabelmente sexa unha das persoas máis axeitadas para contar o que de certo pasou naquela década de prodixios. Tal fai, pois, no seu libroVigo a 80 revolucións por minuto (EdiciónsXerais).

-Idealizar unha época é unha tentación na que adoita caer quen escribe sobre o pasado máis ou menos recente. Cal foi a súa fórmula para fuxir desa idealización e contar o que realmente pasou naqueles anos?

-Recoñezo que me custou atopar a fórmula, pero penso que, ao cabo, dei con ela. O que pretendín foi que a xente de hoxe puidese achegarse a aquel tempo a través dos testemuños desa mesma cronoloxía. O libro está cheo de informacións, artigos e críticas escritas naqueles anos para que, cos datos, cada lector poida formarse unha opinión sobre o que significou todo aquilo: logo, se quere idealizalo, de acordo; e, se pensa que foi mera anécdota, pois tamén está ben.

-A prensa e a radio locais tamén xogaron o seu papel na  movida. A partir de cando ou de que feitos a movida se incorpora ós mediosde comunicación “oficiais” da cidade?

 -Sen dúbida, foi FARO DE VIGO o medio que máis cedo comezou a dar noticias do que se estaba a“cocer”. Daquela, hai que mencionar o labor que neste senso realizou Pilar Comesaña, que era redactora do xornal e que empezou a escribir de cando en vez sobre a movida cáseque dende os seus inicios e estou a falarche do ano 1981. Pero, dende o 84, FARO xa entende que a movida é algo importante e non só inclúe noticias e entrevistas dentro da información local, senón que, chegado un momento, incluso incorpora ás súas páxinas un suplemento integramente dedicado a ela: o PharoThe Be Go. Das emisoras locais de radio ,a que primeiro ofreceu espazo foi a Cope, e nomeadamente o locutor Alfonso López, e posteriormente, tamén no 84, en Radio CadenaEspañola, a propia Pilar, Antón Cancelas e mais eu fundamos un programa que tería continuidade, xa na FM da emisora, e que se chamaba “ATrincheira”, do que quen che fala tivo a honra de ser o director.

-Vostede di no seu libro que o concerto de Siniestro Total no cine Salesianos, en decembro de 1981, pode considerarse como o acto fundacional da movida…

A verdade é que dalgún feito significativo tiña que partir o libro, e eu decidín ubicar ese principio, de xeito simbólico, nese concerto. Pero iso é algo anécdotico, porque máis que un principio, houbo varios principios; por iso tamén hai xente que di que a movida comezou nas actividades que se facían no “Satchmo”, que pasou de ser un club de jazz a un local de pop e mais a esceario das“falcatruadas” poéticas de Rompente. Ou tamén naquel outro concerto do 82 que deron Siniestro, Aerolíneas Federales, Batallón Disciplinario e TrenVigo, os catro grupos vigueses, no Pavillón Deportivo das Travesas. De feito, o libro está cheo de flashbacks que coido reflicten todos eses focos fundacionais da movida.

- Que aquela eclosión deixou pegada no eido da música, non cabe ningunha dúbida. Pero se falamos doutras artes (pintura, fotografía, literatura…), non cre que, máis que pola movida en si, aqueles rapaces artistas xurdiron simplemente porque Galicia, como o resto de España, estaba cambiando non só ética, senón tamén esteticamente?

-Si, pero a música formaba parte de todo iso: dunha España, dunha Galicia e dunVigo que estaban cambiando. Tratábase, en todos os eidos ,de renovarse, de deixar atrás a loita antifranquista e a construción da democracia, para dedicarse a outras actividades un pouco máis relaxadas, o cal non quere dicir que fosen cousas sen sentido ou frívolas, porque, a fin de contas, facer cultura sempre formou parte dunha actitude e dunha concienza de esquerdas.

-Como xa pasou o suficiente tempo, agora pode falarse con sinceridade: que diferenzas reais había entre a movida viguesa e a  madrileña?

-Pois, ante todo, que a movida madrileña digamos que era unha movida de verdade estaba moi visualizada, moi metida no corpo social. En Madrid, aparte de música, había cine, había pintores, fotógrafos e debuxantes que, a diferenza dos vigueses, facían un traballo que transcendía, porque tiñan apoios ou a capacidade de xestionar o seu labor para facelovisible. En cambio, enVigo, agás os músicos -e, para iso, con moitas dificultades-, o resto dos xoves artistas tíñano moi duro á hora de poder difundir as súas obras, soamente podían facelo en canles marxinais ouminoritarios. A verdade é que enVigo todo era moi humilde, por non dicir cutre, mais o que pasou foi que, nun momento determinado, fixemos graza nos medios de comunicación madrileños e, a partir de aí, puxéronnos de moda. Persoalmente, teño que confesar que, co paso dos anos, coa perspectiva que dá o tempo, valoro moito máis todo aquilo do que o valorei cando estaba acontecendo, cando me atopaba no centro do furacán, e coido que todo o que se fixo tivo un mérito incrible tendo en conta que apenas había medios.

-Por que a movida de Vigo non tivo unha réplica na Coruña ou, se a tivo, pasou desapercibida?

-Si que a tivo. Se falamos do musical, A Coruña tivo un movemento tan importante como foi o deVigo: alí estaban magníficos grupos como Radio Océano, Viuda de Gómez e Hijos, Los Dramáticos, Colorado… E, noutras artes, hai que dicir que na Coruña publicábanse moitos máis fanzines que enVigo, editábase La Naval e había artistas plásticos moi bós…. Que pasou? Pois que aos medios de comunicación do resto de España o da Coruña non lles fixo tanta graza, non lles caeu tan ben como si lles caía o que se facía enVigo. Que por qué? Pois non o sei: seguramente porque, daquela, o único que se coñecía de Vigo en España era que aquí había moitos barcos descargando peixe… Iso, e as mobilizacións do sector naval.

-Cal poderiamos dicir que foi a principal aportación da movida á historia de Vigo?

-Seguramente, Siniestro Total. En primeiro lugar, porque hai que lembrarse de que o grupo Siniestro foi o principal responsable de que as poucas, ou moitas, cousas que se estaban a facer enVigo acadasen transcendencia no resto do Estado; e, en segundo termo, porque lle demostrou a toda aquela xeración de xente nova que vivía en España que se podía facer música sen saber de música; e iso, claro, animou a moita xente a subir a un escenario.

-Qué e o que queda no Vigo do 2012 daquel Vigo dos 80?

-Espero que nada (risos). Digo isto porque mentres daquela todo se facía con moito esforzo e dun xeito moi cutre, hoxe por hoxe, Vigo é unha cidade estupenda para calquera tipo de creador: Temos máis de medio cento de grupos musicais funcionando, salas nas que representar teatro e espazos onde poden expoñer as súas obras todas clase de creadores. Eu, dende logo, non quero volver a aquel tempo para nada.

 -O marco socioeconómico no que xurdiu a movida viña a ser moi similar ao de hoxe: crise, asteleiros pechados, pesca afundida… Estamos nas vésperas do xurdimento doutra movida?

- Se acaso, que non se lle chame movidapero o certo é que as crises adoitan avivar o enxeño e iso pode dar motivo a que xurda algo especial… Dende logo, o que non se debe facer é quedar de brazos cruzados.

 

FOTO: Elías Regueira

 

 

 

 

 

.

Comentarios desactivados
Newer Posts »