Calendario

Agosto 2014
L M M X V S D
« Dec    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Anotacións recentes

Arquivos

Categorías

Páxinas

Nube de etiquetas

Para entrar e saír

Contador de visitas

Lista de ligazóns (blogroll)

 

 

ETNO, Nº 4, Verano 2012

 

LIBROS

Vigo a 80 revolucións por minuto

Héctor Fouce*

Empezar una reseña sobre libros de música popular con la queja de que hay poca producción es casi un clásico. Pero un clásico en vías de extinción. Cada vez más, académicos, periodistas o curiosos bien informados escriben sobre lo que ellos conocen bien y la sociedad en general no tanto. Hay un campo literario en ebullición.

Llama especialmente la atención cómo en los últimos años la producción de libros sobre la movida madrileña ha sido constante. Hasta la Comunidad de Madrid se lanzó a organizar los fastos del aniversario del movimiento, produciendo un enorme catálogo bien difícil de leer pero hermoso. Era tiempo de que se empezase a saber sobre las otras movidas, y de entre ellas sin duda destacó la de Vigo. Emilio Alonso, que estuvo en primera línea desde su programa de radio A Trincheira lo cuenta, en gallego, en su libro. Si alguien duda del interés general del libro, merece la pena que sepa que lleva cinco meses entre los más vendidos en gallego, tres de esos meses en el número uno.

Que una ciudad como Vigo haya tenido no sólo la producción cultural sino la repercusión nacional que esta alcanzó es poco menos que un milagro. La Españade los ochenta seguía siendo terriblemente centralista por muchos estatutos de autonomía que se hubiesen aprobado. Las radios, las teles, los periódicos, estaban instalados en Madrid y los periodistas informaban sobre lo que pasaba a su alrededor. Pero en una mediana ciudad de provincias, acuciada por la crisis industrial, surgieron nombres que están en el panteón de la música popular española como Siniestro Total, Os Resentidos, Semen Up o Aerolíneas Federales. Y lograron ser escuchados en toda España (y parte de Portugal).

El libro de Emilio Alonso huye de heroicidades. Apela, más bien, a las casualidades. Explica la movida de Vigo como una reacción a un contexto. Por una parte, una huida hacia delante de ciertos jóvenes de una ciudad atrapada entre la grisura del postfranquismo y la negrura de las perspectivas en la reconversión naval e industrial. Por otro, los nuevos espacios de expresión de surgen para los renegados: el bar Satchmo, los festivales de Castrelos, el suplemento de diario local Pharo The BeGo o el programa de radio A Trincheira. En esos espacios, el grupúsculo de jóvenes decididos a no estarse quietos encontró un punto de unión y de intercambio y empezaron a pasar cosas. El libro de Alonso va repasando cada uno de esos lugares y eventos, tomando como punto inicial el concierto de debut de Siniestro Total en los Salesianos.  Recupera textos de la época, los combina con entrevistas actuales, aporta documentos originales. Todo en ello en una narración fluida, implicada con su objeto pero sin los excesos emocionales que tan habitua suelen ser en estos textos memorialisticos. Aquí no hay hagiografías, pero tampoco ajustes de cuentas.

Sin duda alguna, este libro viene a cubrir un hueco en el conocimiento de la música popular española. Aporta las claves para entender el milagro de Vigo y sirve de muy interesante contrapunto a los textos sobre la movida madrileña. Es, además, una excelente guía para recuperar grupos que aún hoy suenan descacharrantes, irreverentes, enérgicos. No defiende que cualquier tiempo pasado fue mejor, pero obliga al lector a preguntarse si hemos ido a mejor. ¿Alguien se imagina ahora a unos nuevos Siniestro Total sonando en la radio del coche o en la televisión con los acordes de Me pica un huevo?

 

* O musicólogo Héctor Fouce dirixe a revista ETNO,  que edita SIBE Sociedad de Etnomusicología

 

Comentarios desactivados

 

logo

 

Que punkis eramos hai trinta anos!!!


Etiquetas: reportaje, música, movida, historia

11/05/2012 – Marta Veiga / EPL

 

Houbo un antes e un despois no planeta pop galego. Nalgún momento, a principios dos oitenta, Vigo focalizou o grande estertor. Foi o tempo da música feliz e de resistir no sector naval. De urxencia punk e da necesidade de contar cousas desde unha óptica que non tiña por que coincidir coa madrileñocentrista. Trinta anos despois de todo aquilo, os protagonistas da movida galega, da vía autóctona á música dos modernos, regresan aos titulares. Aerolíneas Federales vén de propiciar unha xuntanza «un poco casual», di desde Escairón Miguel Costas, un dos fundadores, e será un dos pratos fortes da música no Festival de Cans, o sábado 26 de maio; na cita de Porriño, por certo, estará tamén outro vigués da movida, Germán Coppini. E máis. Os Resentidos xuntan unha tribo multitudinaria mañá en Ourense (21.00 horas, Expourense) para festexar que vai para trinta anos desde que a palabra carallo moveu os marcos do telón de grelos e chegou aos grandes medios nun retrouso irrepetible. Javier Soto, que foi resentido, recoñece que fóra de Galicia a banda foi practicamente un grupo de ‘one hit wonder’, un único éxito marabilloso.O ‘Galicia caníbal’ viaxou de Monforte ao Nepal e fíxoo en galego, algo que non pasaba -e non é comparable- desde Andrés Dobarro. O de «fai un sol de carallo», co tempo, ten gañado mística de himno fundacional e identitario. Case nada. Do Padornelo para acó, Os Resentidos cantáronlle a cousas tan de andar pola casa naquela altura coma a economía sumerxida, os mediopensionistas ou rillar no churrasco e puxeron a pólvora para os centos de músicos que hoxe fan pop ou rock, en todas as súas familias, e en galego. Soto, lonxe da posición de dinosaurio do rock, reafírmase: «Agora tócase moitísimo mellor do que tocabamos nós nos oitenta». E é que eran tempos onde a actitude ía sempre por diante do virtuosismo instrumental. Isto xa o advertiu Antón Reixa, líder de Os Resentidos e que desde Nación Reixa leva uns anos lonxe dos micros, efemérides e datas de gardar mediante. «Sigo a cantar igual de mal que hai trinta anos e estou en moito peor forma».

E logo, volven os oitenta?
 
Miguel Costas, que ademais de en Aerolíneas estivo en Siniestro, apresúrase a dicir que el nunca marchou. «Yo he seguido haciendo música, con mis proyectos en solitario después de Siniestro». Hai case un ano que sacou un disco de duetos e está a preparar un «mucho más punki». Ademais, meteuse a produtor desde o seu estudo de Escairón, onde chegan bandas da Ribiera Sacra luguesa e de Galicia toda.Costas estará tamén mañá en Ourense na homenaxe a Os Resentidos. Fará ‘Alcólica de supermercado’, pero engade que a súa presenza no dos aniversarios é tanxencial. «Los del aniversario son Siniestro, el año pasado, y ahora Os Resentidos. Aerolíneas no celebramos ningún aniversario; es una reunión. También estarán algunas de mis canciones en el musical que prepara Reixa sobre la movida viguesa». Outro dos que non marchou é Javier Soto, que pasou a Siniestro Total, banda que compatibiliza con Transilvanians, ska de factura clásica para ‘rudeboys’. Está agora a ultimar o repertorio resentido para tocar mañá a carón de Rubén Losada e Antón Reixa. Soto ten por certo que agora hai «máis e moita mellor música en Galicia» que a principios dos oitenta. «Non era para tanto», afirma. «Eramos uns poucos grupos e había tres garitos para tocar, o Kremlin, o Ruralex, o Satchmo…». E é inevitable que saian os nomes de Golpes Bajos, de Pablo Novoa, de Teo Cardalda, de Semen Up ou de Los Cafres, «un grupazo que, por certo, tamén volve agora», avanza o vigués Soto, quen tamén reivindica os coruñeses Radio Océano. «Peinador y Alvedro, unidos por la autopista», que dicía a tonada. 
 
Segundo Grandío, lugués reclutado por Siniestro Total en 1988 e agora xefe do estudo Casa de Tolos de Gondomar, cre que a música galega dos oitenta «ben merece unha homenaxe». El gravará o concerto de Os Resentidos en Ourense para a plataforma R e a operación repítese con Aerolíneas e Siniestro. «É estar no banquiño, de adestrador», engade. «É moi interesante que uns vexestorios volvan reivindicar algo que foi vangarda; ao mellor alimenta a falta de enxeño destes últimos anos e abre unha porta para os novos», incide. Mentres Vigo -a cidade máis nova e quizais a máis desclasada de Galicia, en plena reconversión industrial- vivía o seu momento, Grandío soñaba en Lugo con ser músico. «Empezara tres carreiras. Estaba en Veterinaria ao tempo que traballaba pola noite no Clavi…». No Lugo daquel tempo foron Los Contentos a banda local con máis tirón e o vigués Alberto Comesaña, antes de Amistades Peligrosas, fundara Semen Up, o grupo do inesquecible ‘Lo estás haciendo muy bien’. A Grandío chamouno un día Julián Hernández e tocou o baixo en Siniestro Total 14 anos. «A miña nai chamaba a Julián para que el me dixera que debía rematar a carreira», chancea. Pero a Segundo Grandío tocoulle «o máis gordo» de Siniestro. O primeiro disco de ouro con ‘En beneficio de todos’, o exitazo do recopilatorio ‘Ante todo mucha calma’, pero xa estamos nos noventa e esa é outra historia. O lugués coincide cos seus coetáneos Costas e Soto en que os rapaces que hoxe anceian facer música téñeno moi difícil, pero ve futuro en lembrar a movida galega: «Ao mellor axuda a quen non se atreve a dar o paso. Temos as ferramentas dende hai 30 anos e tócanos atopar a versión 2.0».

 

Do concerto do cine Salesianos ao teatro musical

Emilio Alonso publicou hai uns meses a súa crónica ‘Vigo a 80 revolucións por minuto’ (Xerais), que sitúa o acto fundacional da movida no concerto que ofreceu Siniestro Total no cine Salesianos da cidade olívica o 27 de decembro de 1981. Dos siniestros orixinais permanece unicamente na banda Julián Hernández, quen, segundo Javier Soto, incorporado algo máis adiante, «dálle continuidade ao grupo como principal responsable das letras».Foi tamén no primeiro ano da década dos 80 cando Miguel Costas xuntou os Aerolíneas Federales, banda que adquiriu a formación chamada «clásica» en 1984, coa incorporación de Rosa e Coral, responsables duns coros sen os que é imposible concibir ‘Soy una punk’ ou ‘No me beses en los labios’. Nese ano, rexistraron Os Resentidos as súas primeiras músicas no mítico EP ‘Surfin’ CCCP’, compartido con Siniestro. Estes días acaba de saír á venda o dobre CD tributo ‘A tribo toda baila’, con versións dos clásicos resentidos por bandas galegas do momento.

Mañá, en Ourense, 21.00 horas; moi organizado

Os vigueses retornan á orixe en Ourense e mañá Expourense acollerá «a reunión de vellos alumnos» de Os Resentidos, con máis de trinta convidados, coetáneos e non tanto. Estarán, por exemplo, os lugueses Luis Tosar e Piti Sanz, Xosé Manuel Pereiro, Tonhito de Poi, Uxía, Xurxo Souto ou Xosé Manuel Budiño, con Carlos Blanco como mestre de cerimonias.

 

‘Galicia caníbal’, o musical

Vigo estreará en xullo o musical ‘Galicia caníbal’, unha idea de Antón Reixa para reivindicar a movida galega. Máis de 250 persoas fixeron onte as probas en Santiago para integrar o elenco deste espectáculo, que terá como director de escea ao dramaturgo Quico Cadaval.Serán trinta cancións que escolmarán o que foi a música galega e, di Cadaval, «é un espectáculo interxeracional, e non unha operación nostalxia». O musical está producido por Filmanova e Estrella de Galicia e conta coa achega do Centro Dramático Galego. Logo da estrea en Vigo, o musical iniciará unha xira por escenarios de cidades galegas, para chegar en setembro ao Nuevo Teatro Alcalá de Madrid, e xa no ano 2013 visitar Barcelona, Zaragoza, Bilbao ou Santander.

 Muchos músicos de la movida gallega de los 80 siguen al pie del cañón y aprovechan la efeméride para reunir aquellas bandas míticas. Este 12 de mayo, Os Resentidos, la banda que lidera el flamante presidente de la SGAE, tocan en Ourense.

Aproveito o anuncio da presenza en España do mítico grupo Dr. Feelgood para lembrar a que creo que foi a súa única actuación en Vigo. O cantante Lee Brilleux estivo acompañado polo guitarrista John “Gypie” Mayo, o baixista John B. “Sparko” Sparks e “The Big Figure” John Martin na batería. O xenial guitarrista Wilco Johnson, fundador da banda, abandonara a formación en 1977 para iniciar carreira en solitario, unha carreira que o traería tamén a Vigo, á discoteca La Kama, aló polo ano 1987.

A actuación de Dr. Feelgood en Vigo celebrouse o 24 de xullo de 1982 no pavillón das Travesas e os seus abreconcertos foron os vigueses Trenvigo, a banda creada por Bibiano Morón e na que militaban os ex-Druidas Teo Cardalda, Pablo Novoa e Javier Martínez. Debeu ser esta unha das últimas actuacións dos viguese e probablemente, unha das que máis público tivo… non por eles, todo hai que dicilo, senón pola presencia de Dr. Feelgood.

Despois da desaparición de Trenvigo, Teo Cardalda formaría Golpes Bajos xunto a Germán Coppini, grupo ó que se incorporaría Pablo Novoa, e Javier Martínez deu vida a Bar xunto a Geles Feijóo, Silvino Díaz e Javier Mera. Pola súa banda, Bibiano Morón deixaría a súa carreira musical para dedicarse á produción de concertos e espectáculos, actividade que continúa na actualidade.

Non é doado atopar algunha gravación en maqueta de Trenvigo. Bibiano Morón non conserva ningunha e Pablo Novoa prometeume buscar unha cassette que pensa que ten por algures. Entrementres, aquí vos deixo o tema “O rei dos flippers” que conseguín a través de Josep García, responsable de Voces en la Jungla, un interesante blog dedicado a rarezas dos ’80  ó que podedes acceder no blogroll.

 

 TRENVIGO: O as dos flippers

 

Acompaña a esta anotación o típico “Saluda” oficial remitido polo daquela concelleiro de Cultura vigués e “Presidente de la Comisión Especial de Fiestas”, Francisco Santomé, para remitir invitacións do concerto. E tamén unha foto do grupo cuns novísimos Javier Martínez,  Pablo Novoa, Teo Cardalda e, xa non tan novo, Bibiano Morón( 2º pola esq.). É unha instantánea tomada en madrid, na festa do PCE, probablemente en 1980.

 

 

 

 

 

 

Comentarios desactivados

O fanzine foi o gran medio de expresión da década dos 80. Por toda España proliferaron este tipo de publicacións, feitas todas elas con moita vontade e poucos cartos. Esta foi a razón de que, na súa meirande parte, os fanzines foran unhas cantas follas fotocopiadas e grampadas, aínda que, en ocasións, algúns ousados lograron levar a imprenta os seus proxectos, mesmo con algo de cor e con esmerado deseño.

É curioso que unha entidade podente como era Radio 3 de Radio Nacional de España, editase un fanzine con esas características antes suliñadas: unhas cantas follas fotocopiadas e grampadas. Hai que entender que se o fixeron así non foi por falta de catos senón por pura actitude estética.

  

 

Grazas ó amigo Xavier Crugeiras, de Ribeira, teño no meu poder un daqueles fanzines que facía o Diario Pop de Radio 3. É un número de principios de 1985 que contén un resumo musical do que fora o ano anterior: discos, concertos, grupos, maquetas… Na portada pódese ver caricaturizado ó responsable daquel notable programa, que incluía a sección Esto no es Hawai, na que soaban as maquetas dos grupos españois.

 

 

 

Reproduzo nesta anotación algunhas páxinas dese fanzine, na que se pode apreciar a importancia que estaba acadando Golpes Bajos. Siniestro Total aparecía menos do que sería agardable e Os Resentidos, con so un LP na rúa (Vigo capital Lisboa) era considerado un dos grupos revelación do ano.

 

 

 

Na inmensa listaxe de maquetas hai varios grupos de Vigo: El Acto, Movimiento Inmóvil, Valores en Alza, Semen Up e Aerolíneas Federales…. “con chicas”. Seguramente Ordovás foi o primeiro en ter a primeira das maquetas do grupo vigués na que aparecían Rosa e Coral.

 

Comentarios desactivados

No Faro de Vigo do 17 de outubro de 1982, na súa sección máis ou menos semanal “Discos”, Pilar Comesaña publicaba as bases do Primeiro Concurso de Maquetas convocado pola revista Rock Espezial, antecedente directo da actual Rock de Lux.

O certame estaba aberto a calquera grupo ou solista que non tivese contrato ou compromiso previo con algunha compañía discográfica. Cada participante debía mandar unha cinta, cun mínimo de dúas cancións e un máximo de catro, e un texto mecanografiado que incluíse “teorías, autodefiniciones, cotilleos, etc.”. O prazo para participar pechábase o 21 de decembro daquel ano e , despois, un xurado composto pola redacción de Rock Espezial e o departamento artístico de discos Hispavox elixiría ós dez finalistas do certame. Este seleccionados participarían nun concerto en Madrid no que se decidiría, por fin, quen era o gañador do premio: un contrato de gravación con Hispavox.

Entre os centos de maquetas que recibiu Rock Espezial estaba a dos vigueses Golpes Bajos, cando aquel grupo estaba composto unicamente por Germán Coppini e Teo Cardalda e, máis que un grupo, era unha idea, un proxecto que aínda non tiña claro que forma tanxible ía adquirir.

 Nada do que se anunciaba nas bases se cumpriu: non houbo preselección de candidatos para aquel posible concerto en Madrid do que sairía o gañador do certame e, polo tanto, ninguén firmou coa discográfica Hispavox. ¿O motivo? As redaccions de Rock Espezial -Madrid e Barcelona- tiveron moi claro que a maqueta de Golpes Bajos era o mellor que escoitaran e anos e que eles debían ser os gañadores do concurso.

Non sei como como acabaría a relación entre a revista e Hispavox tras esta decisión irrevocable e, como demostraría o tempo, moi atinada. Desde logo, á discográfica non lle debeu chistar nada que Golpes Bajos non asinasen contrato con eles e si o fixesen con Nuevos Medios. Ou, quizais, non lles importou, se temos en conta que ese tipo de compromiso é as veces arriscado: hai grupos que non teñen potencial ou ofrecen un “produto” de previsible caducidade. Tamén puido ser que Hispavox, con espectacular ollo clínico, non lle vise potencial a Golpes Bajos e considerase que a fichaxe por Nuevos Medios era unha liberación para eles. Non sei se foi así, é pura especulación, pero cousas semellantes teñen pasado: EDIGAL non renovou o contrato de Les Carayos, o segundo grupo de Manu Chao, por non verlles potencial

Despois destas disqusición, igual algo fóra de lugar, vou co asunto que da título a esta anotación: a primeira maqueta de Golpes Bajos. Sempre estiven namorado daquelas  gravación de Coppini e Cardalda. Desde a primeira audición, a través do Diario Pop de Radio 3, quedei absolutamente prendido con aquel grupo. A música soábame absolutamente nova e as letras, no sei por que, lembrábanme a Jim Morrison (“Riders on the storm / is a killer on the road…”).

 Nunca tiven no meu poder aquela maqueta, pero agora, 30 anos despois da súa gravación, chegan ás miñas mans tres das cancións daquela cinta. E todo grazas a Xabier Crugeiras, vello oínte do meu programa A Trincheira e agora amigo. Desde Ribeira, onde reside, envioume tres das cancións daquela maqueta que podedes escoitar nesta nota: “No mires a los ojos de la gente”, “La fiesta de los maniquíes” y “Colecciono moscas”. O son no ten a calidade que a todos nos gustaría pero hai que ter en conta que Xabier tivo que restaura unhas cintas de cassette gravadas da radio hai 30 anos e moi afectadas polo paso do tempo. En todo caso, para min, son un estupendo documento histórico.

Golpes Bajos – No mires a los ojos de la gente

Golpes Bajos – Fiesta de los maniquies

Golpes Bajos – Colecciono moscas

 

ILUSTRACIÓNS.- Acompaña a esta anotación a cabeceira de sección de “Discos” que Pilar Comesaña fixo no Faro de Vigo desde 1982, unha sección semanal cuxa aparición estaba condicionada por outros contidos de “maior interese”. Os dous retratos de Germán Coppini son obra de MAFA (Manuel Fernández Alborés), nome moi importante no mundo do cómic vigués da década dos 80. Envioumos desde Barcelona, cidade na que reside desde hai anos e foron pintados, case con seguridade, en 1982. De feito, mentres que no superior aparece o título de “Germán”, no inferior o nome é “Coco” o alcume de Coppini grupo Coco y los del 1.500, banda de breve existencia e que no 83  xa non existía.

 

 

:: LITERATURA

 Un Vigo que dejó huella

POR> CARLA FAGINAS CEREZO

Si hace unos días nuestro compañero Juanma Lodo hablaba sobre la movida viguesa vista a través de un cómic, hoy retomamos el tema conmotivo de la publicación, en noviembre del añopasado, del libro Vigo a 80 revolucións por minuto. El autor, Emilio Alonso Pimentel, no nos resulta desconocido. Entre otras cosas, su nombre comenzó a hacerse habitual en el panorama cultural gallego a raíz de su trabajo como guionista, colaborador en periódicos como Faro de Vigo, Atlántico Diario o La Naval y escritor de las obras ¡Po! Diario de un viaje a Palestina (Fundación Araguaney, 2003) y Mercurio (Xerais, 2009). Ahora, este madrileño con corazón de gallego(aunque nació en la capital, sus padres se mudaron a Galicia poco después de su nacimiento) nos ofrece en su último libro una crónica del Vigo de los años 80. La visión que nos ofrece Emilio Alonso en Vigo a 80 revolucións por minuto no es una mera labor de investigación plasmada en papel. Al contrario, el autor habla en este libro publicado por Edicións Xerais de un tema que no solo conoce bien, sino que vivió en primera persona. Todo empezó hace más de 30 años, cuando Siniestro Total ofreció su primer concierto en el cine del Colegio Salesianos de Vigo. A partir de ese momento, la música de esta banda, así como la de Golpes Bajos, Os Resentidos o Aerolíneas Federales, comenzó a sonar por toda España, y lo que empezaba a conocerse como la movida viguesa se hacía casi tan conocida como la de Madrid. Sin embargo, y tal y como expresa Alonso, este movimiento no supuso solamente un importante acontecimiento en el plano musical, sino que contemplaba muchas otras disciplinas, como la poesía, la fotografía, la pintura, el cine,el teatro, etc. Lo que no nos deja de sorprender, al igual que ocurre con el propio autor, es la escasez de obras documentales que versan sobre este tema. De hecho, Vigo a 80 revolucións por minuto es el primer libro que se centra en la ciudad olívica como punto neurálgico de la movida. De este modo, Alonso se convierte en pionero y permite que el lector se introduzca en una obra que supone un pormenorizado repaso documental del Vigo de los 80, y en la que los propios protagonistas tienen la palabra. Entrevistas, artículos y fotografías son solo una parte de las muchísimas…

 Se hai uns días o noso compañeiro Juanma Lodo falaba sobre a movida viguesa vista a través dun cómic, hoxe retomamos o tema con motivo da publicación, en novembro do ano pasado, do libro Vigo a 80 revolucións por minuto. O autor, Emilio Alonso Pimentel, non nos resulta descoñecido. Entre outras cousas, o seu nome comezou a facerse habitual no panorama cultural galego a raíz do seu traballo como guionista, colaborador en xornais coma Faro de Vigo, Atlántico Diario ou La Naval e escritor das obras ¡Po! Diario de un viaje a Palestina (Fundación Araguaney, 2003) e Mercurio (Xerais, 2009). Agora, este madrileño con corazón de galego (aínda que naceu na capital, os seus pais mudáronse a Galicia ao pouco do seu nacemento) ofrécenos no seu último libro unha crónica do Vigo dos anos 80. A visión que nos ofrece Emilio Alonso en Vigo a 80 revolucións por minuto non é unha mera labor de investigación plasmada en papel. Ao contrario, o autor fala neste libro publicado por Edicións Xerais dun tema que non só coñece ben, senón que viviu en primeira persoa. Todo comezou hai máis de 30 anos, cando Siniestro Total ofreceu o seu primeiro concerto no cine do Colexio Salesianos de Vigo. A partires dese momento, a música desta banda, así coma a de Golpes Bajos, Os Resentidos ou Aerolíneas Federales, comezou a soar en toda España, e o que empezaba a coñecerse como a movida viguesa facíase case tan coñecida coma a de Madrid. Con todo, e tal e como expresa Alonso, este movemento non soamente supuxo un importante acontecemento no plano musical, senón que abrangueu moitas outras disciplinas, coma a poesía, a moda, a fotografía, a pintura, o cine, o teatro, etc. O que non nos deixa de sorprender, ao igual que ocorre co propio autor, é a escaseza de obras documentais que versan sobre este tema. De feito, Vigo a 80 revolucións por minuto é o primeiro libro que se centra na cidade olívica como punto neurálxico da movida. Deste xeito, Alonso convértese en pioneiro e permite que o lector se introduza nunha obra que supón un pormenorizado repaso documental do Vigo dos 80, e na que os propios protagonistas teñen a palabra. Entrevistas, artigos e fotografías son só unha parte das moitísimas …

… que uno puede encontrar entre las páginas de una obra que habla de un ciento de bandas, así como de la importancia que tuvieron para este movimiento los locales, la farándula, los fanzines y los cómics de la época. Con su presentación en La Casa del Libro a finales de 2011, seguida de una fiesta concierto en La Iguana Club de Vigo, se dio por comenzada la andanza de un libro que, esperamos, será todo un éxito. Pero eso no es todo, Vigo a 80 revolucións por minuto no termina con esta publicación, sino que tiene su continuación en un blog homónimo que el propio Alonso creó para que el lector tuviese acceso a la documentación que no se incluyó en la versión impresa. Si queréis conocer un poco más de un movimiento que dejó huella a nivel nacional y que supuso una auténtica revolución ideológica, artística y cultural, no dejéis de visitar www.vigo80rpm.blogaliza.org .

… cousas que un pode atopar entre as páxinas dunha obra que fala dun cento de bandas, así como da importancia que tiveron para este  movemento os locais, a farándula, os fanzines e os cómics da época. Coa súa presentación en La Casa del Libro a finais de 2011, seguida dunha festa concerto en La Iguana Club de Vigo, deuse por comezada a andanza dun libro que, esperamos, será todo un éxito. Pero isto non é todo. Vigo a 80 revolucións por minuto non remata con esta publicación, senón que ten a súa continuación nun blog homónimo que o propio Alonso creou para que o lector tivese acceso á documentación que non se engadiu na versión impresa. Se queredes coñecer un pouco máis dun movemento que deixou pegada a nivel nacional e que supuxo unha auténtica revolución ideolóxica, artística e cultural, non deixedes de visitar www.vigo80rpm.blogaliza.org

 

 

 

 

 

 

 

  1. Cartel del festival de Castrelos de 1984, dieñado por Pedro Sardiña y Geno; 2.- Termitas:- Grupo liderado por Flechi en el que participaban ex-miembros de Los Culpables y los hermanos Suso y Pablo Ramallo.); 3.- Publicidad del pub Ruralex

 

 

O de “fantasma” do título de esta anotación non ten ningún sentido peiorativo. Pero o certo é que Entreactos foi un grupo que case ninguén coñeceu porque unicamente chegou a actuar unha vez… e non con ese nome.

O máis curioso é que, entre os coñeciamos, había grandes esperanzas depositadas nesta formación, entre outras moitas cousas porque nela militaban Pablo Novoa e Teo Cardalda. E o feito de que dous ex-Golpes Bajos lle deran vida a outro grupo era garantía de calidade e, por outra parte, posibilitaría a súa rápida difusión nos medios. E por riba, os outros compoñentes da banda eran Silvino Díaz e Javier Martínez, músicos cun largo percorrido na escena local.

O cuarteto gravou un par de maquetas nas que, entre outras cancións, recuperaban algunhas do repertorio de El Acto, o grupo no que estiveran Silvino e Javier e que, despois de dous anos de existencia e algunhas actuacións, acababa de desaparecer. Sobre estes dous grupos pódese ver máis información nas fichas correspondentes do libro.

Non hai -ou non teño- imaxes deste grupo. O máis cercano a unha representación iconográfica da banda é a páxina que reproduzo do programa-fanzine que se realizara para a segunda edición do concurso O Novo Pop Galego, organizado por Radiocadena Española-Galicia, e que celebrara a final na sala Vanitas Vanitatis de Nigrán o 26 de xuño de 1986.

Este programa fixeramolo, precipitadamente, o debuxante Paulo Dastís e mais eu a noite anterior ó evento. Xuntámonos na miña casa e co pouco material que tiñamos lle demos forma. Pediramos ós finalistas un pequeno texto sobre eles e algunha foto, cousa que non fixeron nin Viuda de Gómez e Hijos (A Coruña) nin Los Gritos, os antigos Entreactos, rebautizados así despois da marcha de Teo Cardalda. Tivemos que improvisar e fixemos o que puidemos cunha foto de Silvino, sacada de Deus sabe onde, e uns versos de dúas das súas cancións.

Nesta ligazón pódese escoitar un dos temas que incluíron na segunda e derradeira maqueta que gravaran na Universidade Popular: “Nada que me pueda emocionar”.

 

ENTREACTOS: Nada que me pueda emocionar

 

Comentarios desactivados
Newer Posts »