Calendario
| L | M | M | X | V | S | D |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « Dec | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
Anotacións recentes
- ¡Esas palmas… coño!
- Flechi con Aerolíneas Federales nun tema inédito
- Recensión de Xavier Valiño en Ruta 66 (nº 299, XII-2012)
- Recensión de Héctor Fouce en ETNO, nº 4, verán de 2012
- A movida de Vigo e a movida de Rusia
Arquivos
Categorías
- A Trincheira (7)
- Audiovisual (1)
- Cómic (5)
- De re varia (8)
- Eventos (18)
- Fotografía (3)
- Moda (1)
- Música (20)
- O libro nos medios (39)
- O Vigo dos '80 na memoria (3)
- Personaxes (4)
- Plástica (3)
- Prensa alternativa (3)
- Retratos de Vigo nos '80 (7)
Páxinas
Nube de etiquetas
aerolíneas_federales
alberto_torrado
antón_reixa
antonio_amblés
a_trincheira
bromea_o_qué_?
casa_del_libro
castrelos
cine_salesianos
edicións_xerais
el_acto
el_manco
el_país
emilio_alonso
faro_de_vigo
fernando_franco
germán_coppini
golpes_bajos
julián_hernández
kremlin
la_iguana_club
los_cafres
madrid_se_escribe_con_v_de_vigo
marià_arbonés
miguel_costas
moncho_e_mailos_sapoconchos
movida
movida_viguesa
nicolás_pastoriza
os_resentidos
pablo_novoa
pedro_sardiña
pilar_comesaña
radio_océano
ruralex
semen_up
silvino_díaz
siniestro_total
teo_cardalda
tintimán
víctor_de_las_heras
vigo
vigo_a_80_revolucións_por_minuto
vigo_a_explosión_dos_80
xulio_gómez
Para entrar e saír
Contador de visitas
Lista de ligazóns (blogroll)
- Aerolíneas Federales
- Brétemas, o blog de Manuel Bragado
- C'mmons baby!, podcast musicais e máis
- Campainha Eléctrica, blog portugués
- Dot Magazine, revista de tendencias
- Edicións Xerais
- Fanzine León, revista musical
- La Fonoteca, enciclopedia musical
- La Iguana Club
- La Inercia, revista paramusical
- LH Magazine, revista musical
- Luis Mª Cortegoso Lobato, xornalista
- Maketón Estrella Galicia
- Miguel Costas
- Mondosonoro, revista musical
- Nicolás Pastoriza
- Nueva Ola 80, revista musical
- Pedro Sardiña, artista
- Playground Magazine, música indie
- Sempre en Galiza, música galega dixitalizada
- Siniestro Total
- Sinsal Audio, axitación musical
- Voces en la Jungla, rarezas dos '80
No Faro de Vigo do 17 de outubro de 1982, na súa sección máis ou menos semanal «Discos», Pilar Comesaña publicaba as bases do Primeiro Concurso de Maquetas convocado pola revista Rock Espezial, antecedente directo da actual Rock de Lux.
O certame estaba aberto a calquera grupo ou solista que non tivese contrato ou compromiso previo con algunha compañía discográfica. Cada participante debía mandar unha cinta, cun mínimo de dúas cancións e un máximo de catro, e un texto mecanografiado que incluíse «teorías, autodefiniciones, cotilleos, etc.». O prazo para participar pechábase o 21 de decembro daquel ano e , despois, un xurado composto pola redacción de Rock Espezial e o departamento artístico de discos Hispavox elixiría ós dez finalistas do certame. Este seleccionados participarían nun concerto en Madrid no que se decidiría, por fin, quen era o gañador do premio: un contrato de gravación con Hispavox.
Entre os centos de maquetas que recibiu Rock Espezial estaba a dos vigueses Golpes Bajos, cando aquel grupo estaba composto unicamente por Germán Coppini e Teo Cardalda e, máis que un grupo, era unha idea, un proxecto que aínda non tiña claro que forma tanxible ía adquirir.
Nada do que se anunciaba nas bases se cumpriu: non houbo preselección de candidatos para aquel posible concerto en Madrid do que sairía o gañador do certame e, polo tanto, ninguén firmou coa discográfica Hispavox. ¿O motivo? As redaccions de Rock Espezial -Madrid e Barcelona- tiveron moi claro que a maqueta de Golpes Bajos era o mellor que escoitaran e anos e que eles debían ser os gañadores do concurso.
Non sei como como acabaría a relación entre a revista e Hispavox tras esta decisión irrevocable e, como demostraría o tempo, moi atinada. Desde logo, á discográfica non lle debeu chistar nada que Golpes Bajos non asinasen contrato con eles e si o fixesen con Nuevos Medios. Ou, quizais, non lles importou, se temos en conta que ese tipo de compromiso é as veces arriscado: hai grupos que non teñen potencial ou ofrecen un «produto» de previsible caducidade. Tamén puido ser que Hispavox, con espectacular ollo clínico, non lle vise potencial a Golpes Bajos e considerase que a fichaxe por Nuevos Medios era unha liberación para eles. Non sei se foi así, é pura especulación, pero cousas semellantes teñen pasado: EDIGAL non renovou o contrato de Les Carayos, o segundo grupo de Manu Chao, por non verlles potencial
Despois destas disqusición, igual algo fóra de lugar, vou co asunto que da título a esta anotación: a primeira maqueta de Golpes Bajos. Sempre estiven namorado daquelas gravación de Coppini e Cardalda. Desde a primeira audición, a través do Diario Pop de Radio 3, quedei absolutamente prendido con aquel grupo. A música soábame absolutamente nova e as letras, no sei por que, lembrábanme a Jim Morrison («Riders on the storm / is a killer on the road…»).
Nunca tiven no meu poder aquela maqueta, pero agora, 30 anos despois da súa gravación, chegan ás miñas mans tres das cancións daquela cinta. E todo grazas a Xabier Crugeiras, vello oínte do meu programa A Trincheira e agora amigo. Desde Ribeira, onde reside, envioume tres das cancións daquela maqueta que podedes escoitar nesta nota: «No mires a los ojos de la gente», «La fiesta de los maniquíes» y «Colecciono moscas». O son no ten a calidade que a todos nos gustaría pero hai que ter en conta que Xabier tivo que restaura unhas cintas de cassette gravadas da radio hai 30 anos e moi afectadas polo paso do tempo. En todo caso, para min, son un estupendo documento histórico.
Golpes Bajos – No mires a los ojos de la gente
Golpes Bajos – Fiesta de los maniquies
Golpes Bajos – Colecciono moscas
ILUSTRACIÓNS.- Acompaña a esta anotación a cabeceira de sección de «Discos» que Pilar Comesaña fixo no Faro de Vigo desde 1982, unha sección semanal cuxa aparición estaba condicionada por outros contidos de «maior interese». Os dous retratos de Germán Coppini son obra de MAFA (Manuel Fernández Alborés), nome moi importante no mundo do cómic vigués da década dos 80. Envioumos desde Barcelona, cidade na que reside desde hai anos e foron pintados, case con seguridade, en 1982. De feito, mentres que no superior aparece o título de «Germán», no inferior o nome é «Coco» o alcume de Coppini grupo Coco y los del 1.500, banda de breve existencia e que no 83 xa non existía.
Posted in: Música -
Comments (3)


