Calendario

Maio 2012
L M M X V S D
« Abr    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Anotacións recentes

Arquivos

Categorías

Páxinas

Nube de etiquetas

Para entrar e saír

Contador de visitas

Lista de ligazóns (blogroll)

Vigo a 80 revolucións por minuto é un libro de Emilio Alonso Pimentel publicado por Edicións Xerais en novembro de 2011. Este blog é un complemento a ese volume, unha crónica da movida viguesa dos anos oitenta, e acollerá material literario e gráfico que non se incluiu no libro. Tamén se poderán atopar nel vídeos e audios que, obviamente, o volume non recolleu.

Non pretende ser este un blog nostálxico, senón unha fonte de información e de documentación para @s que teñan interese nos sucesos daquela «década prodixiosa» viguesa, ben sexa por razóns académicas, ben sexa por simple curiosidade.

Para calquera consulta ou comentario pódese contactar co autor no seguinte enderezo de correo electrónico: vigo80rpm@gmail.com.

 

 

ILUSTRACIÓN DA PORTADA: Pedro Sardiña

Tags:

4 Comentarios »

  1. Ola Emilio. Un saúdo dende a vila de Carreira (Ribeira), dun ex oínte da Trincheira, que ten pasado uns intres moi agradables escoitando aquelas bandas tan boas que había neses anos. Moita sorte con este libro, xa facía falta algo así. Un cordial saúdo.

    Comentario by Xabier Crugeiras — 9 Novembro 2011 @ 9:01 a.m.

  2. Emilio Alonso Pimentel

    Xabier, moitas grazas polo teu comentario, o primeiro dun blog que aínda non está completamente operativo. Coma no caso do libro, espero que vos agrade. En breve faremos a presentación en Vigo. Apertas.

    Comentario by Emilio Alonso Pimentel — 9 Novembro 2011 @ 9:08 a.m.

  3. [...] por Edicións Xerais, en “Vigo a 80 Revolucións Por Minuto” (2011) nos hace una crónica de La Movida Viguesa, tomando como referente el 27 de diciembre del 81, día [...]

    Pingback by Blog | lafonoteca.net » ‘Vigo a 80 Revolucións por minuto’ — 28 Novembro 2011 @ 7:20 p.m.

  4. Emilio Alonso Pimentel

    Graciñas, Fernando. E as constantes referencias no libro a La Fonoteca como fonte de ampliación de datosnon son en absoluto gratuítas: creo que é case a única fonte de consulta decente e fiable.

    Apertas

    Comentario by Emilio Alonso Pimentel — 28 Novembro 2011 @ 7:34 p.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario

Olark Livehelp